Raianas

1380718_10151609732296525_302229717_n
A Sr.Elisa no tear

Cada unha suma tantos anos, coma cadillos dous peites do lenzo: pasan dos noventa. Aínda así atopámolas  enriba das esprimideiras do tear, tecendo de pé.

Son dúas pedriñas de acibeche engarzadas naquela aldea da Baixa Limia, de loito completo e pano á cabeza.

Sra. Elisa e  Sra.Encarnación comparten o tear, que  fora propiedade dunha tía da Sra. Elisa. Veu medrar a quen hoxe tece nel, pero segue cumprindo a súa labor coma se rematara de ser estreado. Se ben o tear é da Sra. Elisa, a que sabe frechar os peites para cada labor é a súa compañeira, á que a vista se lle volveu “unha preguizana”. Seguir lendo “Raianas”

As tecedeiras da serra

DSCN1569
Levantado

Estas dúas mulleres son o corazón dunha montaña, e nos enterrámonos nel coma nunha braña.

Elas son veciñas da porta, nacidas e criadas na mesma aldea, que foi posta por unhas mans que sabían, no medio da Serra do Candán.

As dúas son tecelás de raza. Son do tempo no que as cousas se facían coas mans e se contaban co corazón.

Unha comezou a tecer cando foi quen de aguantarse  de pé nas premedeiras do tear.”Vai tecer un pouquiño,miña meniña” -dicíalle súa nai cando viña da escola.Conta da besta cargada de teas que cada mes levaban á feira a Soutelo “mira se ía cargada que non podía ir ninguén dacabalo”, e vir de volta con ela cargada de material para volver tecido á seguinte feira: colchas de levantado, farrapeiras, teas de picote “ coas que  se acochaban os meniños”, lenzo, estopa.

Ensínanos dos freques das mantas: o sinxelo, ode piña que leva unhas mazanciñas,….e das rocas que locen o cartiloxio máis bonito. Seguir lendo “As tecedeiras da serra”