As tecedeiras da serra

DSCN1569
Levantado

Estas dúas mulleres son o corazón dunha montaña, e nos enterrámonos nel coma nunha braña.

Elas son veciñas da porta, nacidas e criadas na mesma aldea, que foi posta por unhas mans que sabían, no medio da Serra do Candán.

As dúas son tecelás de raza. Son do tempo no que as cousas se facían coas mans e se contaban co corazón.

Unha comezou a tecer cando foi quen de aguantarse  de pé nas premedeiras do tear.”Vai tecer un pouquiño,miña meniña” -dicíalle súa nai cando viña da escola.Conta da besta cargada de teas que cada mes levaban á feira a Soutelo “mira se ía cargada que non podía ir ninguén dacabalo”, e vir de volta con ela cargada de material para volver tecido á seguinte feira: colchas de levantado, farrapeiras, teas de picote “ coas que  se acochaban os meniños”, lenzo, estopa.

Ensínanos dos freques das mantas: o sinxelo, ode piña que leva unhas mazanciñas,….e das rocas que locen o cartiloxio máis bonito.

1386175510688
Mans que ensinan

Desfíxose do tear antes de emigrar, pero conserva o oficio coma se nunca deixara de tecer.

A outra tamén aprendeu a tecer ca súa nai, a Sra. Dolores. Entre as dúas chegaron a ter seis teares a traballar.” Eu nunca tiven que marchar de aquí grazas aos teares e grazas ao tear gobernei a miña vida. Naquel tempo ganaba tanto ao máis que calquera home”.

Con elas aprendemos o que é tecer ao albeo, e o repaso  de criba e o de volta, a importancia que ten un cadrelo ben feito nunhas alforxas,…..

Aquí non chegaba nada. Todo o que nos facía falta tiñamos que facelo nós”-cóntanos. A frase explica ben o manexo do oficio e a diversidade de tecidos: alforxas para os arrieiros, mantas e cinchas para as cabalerías, colchas, lenzo, mantas de estopa e la, pezas para facer roupa, sacos de tascos…….”Así teño eu estes meus pelos brancos, de cadrar eses panos”-dicía súa nai.

No seu tear hai que tecer de pé (coma na maioría dos galegos).” Aquí hai que estar firme amigho”. Cóntanos dos días e noites tecendo, dos oito días que lle levaba tecer unha colcha de levantado, das pezas que leva tecido, dos encargos, do fío de Holanda, das libras e das varas de seis cuartas.

Aquí neste tear rin, e chorei as miñas penas, e cantei, e contei contos….Eu aquí pasei a miña vida”.

SONY DSC
Caneleiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s