Raianas

1380718_10151609732296525_302229717_n
A Sr.Elisa no tear

Cada unha suma tantos anos, coma cadillos dous peites do lenzo: pasan dos noventa. Aínda así atopámolas  enriba das esprimideiras do tear, tecendo de pé.

Son dúas pedriñas de acibeche engarzadas naquela aldea da Baixa Limia, de loito completo e pano á cabeza.

Sra. Elisa e  Sra.Encarnación comparten o tear, que  fora propiedade dunha tía da Sra. Elisa. Veu medrar a quen hoxe tece nel, pero segue cumprindo a súa labor coma se rematara de ser estreado. Se ben o tear é da Sra. Elisa, a que sabe frechar os peites para cada labor é a súa compañeira, á que a vista se lle volveu “unha preguizana”.

Un coitelo espera ancorado nunha das furas o momento de que algunha puga do peite rompa para labrar unha nova, un anaco dun pneumático axusta na súa fura o orgo dianteiro, as varas de abeleira da cruz, o liño da canela fiado  na casa… As cousas feitas coas mans teñen historia e cóntana con só miralas.

As canelas da lanzadeira non son feitas de cana “ as canelas son dunha herba que collemos polas leiras, non che sei dicir agora como se chama” .

A colcha da cor do viño da boa conta de que chegando ao século de vida aínda se pode tecer repaso cunhas floriñas en levantado,traballando coas catro frechadas do tear. Para elas unha vara é a distancia que hai entre cada torno da urdideira de grade “ e  despois aínda hai que botarlle as crecenzas”.

988334_10151609737261525_1710559905_s
Colcha de repaso e levantado

Fálannos dos tempos de ir mercar as tintas a Turei ( Touren) para tinxir a lá, na veciña Portugal, de onde viñan tamén os peites.

Coa lanzadeira pintan cadros no tear. A combinación de cores e ligamentos fai de cada colcha unha obra que admirar, fiaron cunha finura para o picote “para os  mandiles” e branquearon o liño que empregan para as cabezas das pezas que aínda tecen.

A quen lembra vivir nunha aldea toda teitada de colmo é complicado explicarlle o interese de dous homes polo tecido. Despois de moitas voltas e explicacións acordamos ser o que elas quixeron que fosemos “ entón son dous mestres que ensinan a tecer. Logo teñen que ter unha fábrica con moitos criados?”.

Anoitecendo, un grupo de veciños xúntase diante da casa da Sr.Elisa “ hoxe hai concello”.

1374213_10151609733976525_761393571_n
Nas esprimideiras

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s