Lizos

IMG-20160609-WA0003
Feitura de lizos no banco

Os lizos son a alma do tear. Gobernados polas premedeiras pintan debuxos e filigranas nos tecidos, en función dos enfiados que se fagan neles.

Tecen melodías  seguindo una partitura que se non se toca  ao milímetro fai que a  obra quede chea de faltas “ aquí haiche que estar moi presente. Mira que se che parte una cadea, ou enfiaches mal e non te das conta, levas una falta e derramóuseche a obra ”.

 Cada lizo está formado por un conxunto de cadeas  cun ollal polo que pasan os fíos da urdime. O conxunto de cadeas vai suxeito a dúas varas de madeira: a superior da que se colgan os lizos das roldanas do tear  e a inferior que conecta cada lizo coa súa premedeira. O xogo que fan os diferentes lizos ao pisar as premedeiras, fai que os fíos da urdime se entrecrucen e abran para pasar a lanzadeira co fío da trama. As múltiples combinacións de subidas e baixadas de cada un dos lizos e o número deles, é o que da lugar aos diferentes tipos de tecidos ou ligamentos.

 A palabra lizo, a nivel xeral, refírese ao que aquí en Galiza chamamos cadea e nos referímonos a eles como o conxunto de cadeas.

 En Galiza sabemos de dúas castes de lizos: uns no que as cadeas teñen un ollal no medio polo que pasan os fíos ( estes son os mais comúns) e outros nos que a parte de arriba da manga engancha coa de abaixo directamente. Estes últimos  son moi comúns en parte da provincia de Ourense. Se ben a elaboración dos primeiros é mais laboriosa, resulta máis fácil enfialos. Os segundos son máis doados de facer pero o enfiado resulta algo máis complicado ao ter que ir separando o enganche das dúas partes de cada cadea para poder enfiar.

20160409_102320
Enfiando uns lizos novos

 Para facer uns lizos para un peite, por exemplo  do número XXXXIV  ao xeito tradicional, hai que fiar, torcer e encerar arredor duns tres mil metros de fío e facer un total de 4.800 nos “ mira a cera xa non a vendemos, pero se me dis que é para facer uns lizos, ven a ela cando queiras”. Agora podedes imaxinar o que implicou para una tecedeira ter lizos feitos para 20 peites, por exemplo “ non é por que sea miña irmán, pero á verdá e que ela tiña de todo,..e moi ben feito. Sempre viñan outras a pedirlle as cousas e mira, ás veces ata llas devolvían todas esfarrapadas”.

 Para facer uns lizos novos tómase como referencia o pente para o que van ser feitos: o ancho que ten e o número de cadillos que leva. Se tes un pente do número XX que leva un total de 480 fios, precisamos un lizos que teñan o mesmo número de cadeas , distribuidas en dúas, tres ou catro perchadas.

 Os sistemas que as tecedeiras empregaban para facelos son diversos si ben teñen moito en común “ mira eu póñoche esta táboa no respaldo de dúas sillas. Nela fago a manga de arriba e despois o ollal xa llo fago arredor do meu dedo e a parte de abaixo de unhas polas outras” .

Noutros casos empregábase un banco construído para esta finalidade. O que é común en todos os casos é que primeiro faise a parte de abaixo de cada cadea e despois a parte de arriba co ollal.

995214_10151609735506525_698586597_n
Lizos sen ollal

 Na parte superior que queda visible márcase cada un dos cadilllos cun fío, para despois poder levar as contas canto se enfía unha tea nova.

20160408_192701
Lizos novos do nº 44

 No noso país, a nivel xeral, trabállase cun número máximo de catro lizos (chamados tamén perchadas, follas..) e premedeiras. Hai ligamentos que precisan de só dous lizos (o pano chan), outros que precisan de tres e outros de catro ( a estameña, os ollos de servilleta,o repaso das tres premedeiras,…).  Aínda que atopamos algunha informante casual que nos fala de tecer con 6 lizos non o temos contrastado e ningún dos panos que atopamos foi elaborado con ese número.

“Eses todos que teño aí son os lizos do tear de mamá,….de non tecer con eles xa enfriaron”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s