Tecido Bergantiñán

IMG-20160714-WA0000

En Bergantiños, o mesmo que noutras zonas de Galiza, tecéronse diversidade de panos para cubrir as diferentes necesidades que podía ter unha casa. Pero se hai algo que identifique e diferencie o tecido desta zona do do resto do país foi a maestría que as súas tecelanas tiveron para labrar na brancura texturas e sombras.

 A tía Carmela das Maroas xa nos daba conta do seu saber hai alomenos uns 30 anos “ si, técese coas tres premedeiras.  Pra iso tes estes tres lizos. O de diante é o caporal, e leva o doble de cadeas cós outros. É o que manda”.

 As tecelanas xogaron coa combinación de varias técnicas nunha mesma obra: o repaso das tres premedeiras (aquí chamado tecer “a cotón”  ), o ollo de servilleta, o pano chan e o levantado. As diferentes  combinacións de todas elas dan lugar a infinidade de deseños.

Os deseños son da propia colleita das tecelanas, xa que nestes casos, os “debuxos” non eran sacados de ningún “abecedario” como nos atopamos en moitas das colchas de levantado, felpa ou gorullo de diferentes zonas de Galiza. Repítense cadros, rumbos, ondas…cálices ou prantas estilizadas.

As pezas que non levan levantado xogan con ritmos de bandas horizontais, en fortes contrastes de textura e sombra “ uns reghos a cotón, e outros a ollo de servilleta

 No caso destas colchas non se empregaba máis cor que o branca, ou os crudos que da o liño da casa, cando non se chega a branquear de todo. A urdime pode ser de liño ou algodón e adoitan estar tapadas do mesmo, empregando varios fios xuntos ou trapos nas pasadas a cotón.

Ás veces parece que son os tecidos os que chaman polas persoas que falen deles. É o caso dun dos membros de Panosdaquí, Carlos, que saíndo este ano do supermercado, víu como a señora que gardaba a compra no maleteiro do coche do lado, poñía as bolsas enriba dunha destas pezas que empregaba para resgardalo. Días despois, paseando por Carballo, atopouse con máis  pezas decorando esacaparates.

IMG-20160714-WA0004

Viva Carballo!!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s