A penda

Quen pasou as súas horas no monte coas vacas, a carón do lume no inverno, ás tardiñas ao pé da porta……. labrando tan fermosa peza? Foi agasallo para unha namorada, para unha irmá, unha nai, unha veciña….? O que si é ben seguro é que a penda conta do cariño co que foi feita e nela  labráronse  mensaxes segredas coa punta da navalla e dun corazón afiado.

img_20160817_171647

Os fleques para as colchas, pódense facer de diferentes maneiras: no propio tear, nun teariño de fleques ou cunha penda ou pende das trenzas. De calquera das maneiras vaise tecendo unha cinta, do longo do perímetro da colcha, na que se van deixando fíos soltos de lonxitude variable, que logo se anoarán en función do tipo de fleque que se vaia facer.

img_20160817_171627

 “Aquela penda grande que eu tiña,…..onde ela me irá?….. Non saben a pena que teño por ela. Que bonita era…..Moito máis bonita questa, onde vai parar ,….sabe Dios onde ela estará”. A Sra. Raquel non se explica como puido perder a penda grande “ ás veces deixa unha as cousas…” pero si sinte o grande baleiro que deixou o que para algúns e só un bonito anaco de madeira, trofeo dalgún coleccionista. Un paxariño engaiolado.

img_20160817_171658

o que conservo é a mitá da pequena. Ven, ten uns buratos e unhas rachadelas e pásase un fío por cada unha.” Os fíos que se enfían nos buratos permanecen fixos e os que se enfían nas rachadelas abren e cambian a calada ao mover a penda para arriba ou para abaixo.” Eu despois o fleque que vou facendo arrodeo así  na cintura….,ven.., ven como é? Queda comeste

Coa grande podía facer fleques de dúas cintas cun adorniño polo medio, saben?”.

Nalgunha hora, na que se facían as cousas con tempo, había máns capaces de conferirlle sentimento a un anaco de madeira. Así moitas das ferramentas empregadas nos diferentes procesos téxtiles: espadeleiros e fitoiras, rocas, lanzadeiras,… son armacéns de vivencias. Relicarios que gardan virtudes que acompañan e sandan da dureza dos traballos.

A penda, a media penda, media laranxa, dous cuartos de tantas cousas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s