“ Aínda eu acordo a miña sogra ir con el á misa á cabeza cando me eu casei”
Monterroso. Agosto 2016. Informante de 74 anos.
Urdime | Liño dun cabo ou algodón |
Trama | Lá dun cabo negra /Levantado: estambre de lá vermella, verde, azul e amarela. |
Ancho | 145-150cm. (dous panos encanados á man con costura de incruste) |
Acabado | Sen bater |
Densidade | Urdido de 5 a 6 fíos/cm. Trama 14-16 fíos/cm |
Ligamento | Pano chan con efecto de trama. Decoración de levantado na mostra. |
O picote é un tecido denso, quente e practicamente impermeable. Cando a choiva o molla aínda tupe máis, e os mandiles de botar ao lombo -lellos, leras, leñas,…- poden andar á auga un día enteiro sen que os pase.