A tecedeira valente

Muta merda é o que teño, muta merda,….que ensinar pouco” ,foron as primeiras palabras que escoitamos de boca da Sra.Delia.  As que seguiron de rabia cara a clase política por permitir que o seu monte e o seu pobo estean arruinados.  Ela, con 86 anos, manifesta que xa non vai ter oportunidade de dicirlles catro palabras, nin de queimar vivo a mais de un  “miren,… neste pueblo había dous magotes de 400 ovellas, e unha cabrada de 700 cabras, collíase pan, sementábase liño,….e hoxe ver este noso monte arruinado,….”.

img_6406
Colcha de repaso de la e liño

A Sra. Delia ten espíritu de guerreira e coma moitas mulleres do noso país foi protagonista dunha de tantas historias de loita e valentía. Ela sacou a súa vida adiante sen precisar de ninguén ”miren eu viña cansadiña de labrar todo o día co arado de ferro e aínda me poñía a tecer pola nuite”, e soa tivo que ir polo mundo e soa voltou a poñer frente a unha vida da que é a única protagonista.

No seu pobo, cando era ela  nova, había tear en case tódalas  casas “ urdideira tiña a mamá e viñan todas urdir as teas á nosa casa”. Nunha das dependencias da súa casa conserva o que para nós e un gabinete das maravillas  e cada peza ten o seu sitio e a súa razón de continuar alí “ isto teño que tirar todo, eu xa no quero para nada,….e viron este labor? …..”.

img_6394
Colcha feita a man nun tear de marco

Móstranos unha servilletas  sen sacar da peza, tecidas á espiga “ antes, cuando se iba traballar ós eidos, as cestas da merenda iban moi ben postiñas,non sabe? e tapábanse con estas servilletas”. Uns anacos dun mantel tecido ao lemanisco  colgan do tendal da eira “ este mantel era o que poñía sempre a mamá pola festa do San Juan, miren que fino é. Aquí fiábase moi fino , moi fino.Parecía fio de carrete”.

img-20160329-wa0008
Servilletas aínda sen cortar

Lembra de tecer o burel “ si o taletón,nos aquí chamámoslle taletón.Os pantalós dos homes e os capotes dos pastores facíanse del. A urdume e a tezume era todo lá e había que levala ao pisón.Aínda eu tirei un capote o outro día”.

Cóntanos  que no seu pobo teñen tecido con 6 e 8 lizos, cousa que non podemos  confirmar, xa que ningúnha das pezas que conserva foron feitas con ese número,un reto manexar esa cantidae de lizos nun tear tradicional.

A Sra.Delia lévanos por varías casas que ten no pobo nas que garda os seus tesouros “ veñan por aquí, psii e non fagan ruido, que está a xente na misa e non quero que sepan que non fun.Caladiños, pasen,….”.

img_6399
Lanzadeira, lizos, pentes e tempereiros

Vendo os tempereiros que aínda quedan pola casa,lembramos das aportacións prácticas e artísticas dos ferreiros ao mundo do tecido.

Estas cadeixas de lenzo que ven aí fieinas eu hai alomenos 40 anos. Dan para urdir doce sábenas. Aínda teño aí na arca o alghadón que comprei prás tapar”.

img-20160329-wa0004
Cadeixas de liño

–  “ Volvan outro día, miren, eu xa lles estou moi velliña.

–  “ Si,..estás,… pero onte aínda estiveches bailando na festa aí diante da nosa casa

Risas.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s