Dona Luzia (Portugal norte)

Os tecidos e o amor por eles pouco entenden de fronteiras. Entenden de terras e persoas polas e para as que foron feitos. Así os panos daquí teñen algo dos de acolá, e viceversa.

Cuberta de Ana das Teixugueiras

O pobo portugués conserva saberes sobre cousas que aquí se perderon fai tempo, e mostra dese coñecemento atesourado vivímolo coa Dona Luzia.

Ela é tecelana de profesión. Dedícase e dedicouse a tecer á encomenda toda a súa vida e o que tece véndeo de diferente xeito.

DSCN4729

A Dona Luzia é unha persoa xenerosa co que ten e co que sabe “ que é o que os senhores querem saber.Esta bem, eu vou-te ensinar, mas pergunte pergunte o que você quer”.

Unha das cousas que máis nos chamou a atención é o costume de anotar os enfiados dos lizos “riscos” para os diferentes labores. Aquí non existe ese costume, e se existiu perdeuse fai moito tempo “ eu gosto mais de anotalos con algoritmos, pero tambem se poden anotar con riscos”. Así ten recollidos enfiados para labores diversas “de bainhas abertas, de carrinhas, dos cobertores, de Ana das Teixugueiras, dos cordões antigos, das dúas pintas…”.

DSCN4707

Na súa terra non tecen á estameña nin a espiga. Mais teceu o burel ata non fai moitos anos “ a vara vendia a 3000 escudos. Vejam, esta capinha é feita dele mesmo”. Fálanos dos pisões a onde levar a pisar as pezas de burel e as mantas, na zona de Bucos e Tabuadela.

Ela móstranos liño que ten aínda a medio procesar. É a primeira vez que podemos ver o liño moído no muiño. Nalgunhas zonas de Portugal o liño en vez de ser mazado á man é moído nun enxeño feito de madeira que é movido por tracción animal ou hidráulica. Consiste en dous cilindros dentados por medio dos cales vai pasando os tallos do liño, sendo trillados ao momento.

Os teares da zona teñen dúas peculiaridades, que chaman a nosa atención. O orgo no que se recolle o pano ten unha racha que axuda a ir prendendo o pano aos poucos sen necesidade de envolvelo por completo ( este sistema tamén o temos visto nalgúns da zona oriental da nosa comunidade) Outra é que a chavella non frea en ningunha roda dentada, senón nun listón de madeira con oscas labradas e  colocado no chan.

DSCN4716

A D. Luzia móstranos un anaco que conserva da primeira peza que ela teceu: un cobertor con dúas caras diferentes tecido con dúas lanzadeiras; tecido que nos conquistou pola novidade e a fermosura.

mais se os senhores precisam de que eu vaia a ensinarlhes a algum lado, eu vou de moito gosto

Visita moi recomendable por estas terras é o Ecomuseo de Salto, onde se expón unha interesante mostra de tecido e roupa tradicional, e no que a D.Luzia ten parte importante do seu bo facer.

Obrigados

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s