Panos de agora e sempre

Non andivemos os de Panosdaquí con moita actividade nas redes sociais no último ano, pero si traballando a reo. Deixámosvos imaxes dalgún dos traballos que fixemos este ano: reprodución dos panos de sempre e creacións novas. Dúas das pezas foron adquiridas pola Deputación de A Coruña  dentro do XII certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas e pasarán a formar parte da súa colección permanente.

As fotografías son de Emilio L.Maestriani.

 

 

Mandiles de mostra

“ Aínda eu acordo a miña sogra ir con el á misa á cabeza cando me eu casei”

Monterroso. Agosto 2016. Informante de 74 anos.

 

Urdime Liño dun cabo ou algodón
Trama Lá dun cabo negra /Levantado: estambre de lá vermella, verde, azul e amarela.
Ancho 145-150cm. (dous panos encanados á man con costura de incruste)
Acabado Sen bater
Densidade Urdido de 5 a 6 fíos/cm. Trama 14-16 fíos/cm
Ligamento Pano chan con efecto de trama. Decoración de levantado na mostra.

 

O picote é un tecido denso, quente e practicamente impermeable. Cando a choiva o molla aínda tupe máis, e os mandiles de botar ao lombo -lellos, leras, leñas,…- poden andar á auga un día enteiro sen que os pase.

 

Picote

“ Este picote foi moi ben arcadiño, e que  se non se arca así co dedo, non sabes, non é picote.Canto me ten tapado a min este mandiliño por eses montes arriba.A prenda de máis valía que eu teño é este mandil.Tecéramo miña madriña.”

Urdime Liño ( un cabo) ou algodón
Trama Lá dun cabo ( varias cores)
Ancho De 70 cm ata 86cm.
Acabado Abatanado ou sen bater
Densidade Urdido de 5 a 6  fíos/cm. Trama 14-16 fíos/cm
Ligamento Pano chan con efecto de trama

 O picote é un tecido denso, quente e practicamente impermeable.Cando a choiva o molla aínda tupe máis, e os mandiles de botar ao lombo-lellos, leras, leñas,…_poden andar á auga un día enteiro sen que os pase.

Tecemos varios panos en diferentes densidades e anchos en función das pezas que se vaian fabricar.

Lenzo

“ Fiei o liño pra unha tea de lenzo de vinte varas, para levala cando casei. Aínda a teño enteira e fai disto 52 anos. Gústame vela así, non che sei,….sempre me dou lástima cortala”.

Urdime Liño un cabo
Trama Liño un cabo
Ancho 68 cm
Acabado Lavado
Densidade Urdido 17 fíos/cm. Trama 15 fíos/cm.
Ligamento Pano chan

Candil

Cando llo ensinamos á Sra. Dolores de Cortés, nada máis velo de lonxe dixo:

-Ese é o candil.

Imos polo bo camiño, pensamos nos.

 

 

Urdime Liño ( un cabo)
Trama Lá dun cabo negra e vermella
Ancho 79 cm.
Acabado Abatanado ou sen bater
Densidade Urdido 9 fíos/cm. Trama 11-12 fíos/cm.
Ligamento Pano chan con efecto de trama

Burel, xerga, saial*

“Desta mesma tea, así da cor das cereixas, tiña mi madre un refaixo. Aínda parece que a estou vendo chegar da feira”.

 

Urdime Estame lá dun cabo negro/ vermello. Lá cor natural fiada á man.
Trama Lá dun cabo negra/ vermella.La cor natural fiada á man.
Ancho 72cm. (pano chan)/ 65cm. (estameña)
Acabado Abatanado
Densidade Urdido 10 fíos/cm. Trama 9 fíos/cm (pano chan).Urdido 11 fíos/cm. Trama 10 fíos/cm (estameña).
Ligamento Pano chan e estameña.

 

*Tecemos dous panos dentro deste xénero. Xerga, burel e saial son os distintos nomes que lle coñecemos ó pano urdido e tapado con lá con ligamento de pano chan e abatanado. Descoñecemos o nome que recibe o mesmo pano tecido en ligamento de estameña (sarga) que se usaba nos refaixos de volta na provincia de Ourense.