“ Este picote foi moi ben arcadiño, e que se non se arca así co dedo, non sabes, non é picote.Canto me ten tapado a min este mandiliño por eses montes arriba.A prenda de máis valía que eu teño é este mandil.Tecéramo miña madriña.”
Urdime | Liño ( un cabo) ou algodón |
Trama | Lá dun cabo ( varias cores) |
Ancho | De 70 cm ata 86cm. |
Acabado | Abatanado ou sen bater |
Densidade | Urdido de 5 a 6 fíos/cm. Trama 14-16 fíos/cm |
Ligamento | Pano chan con efecto de trama |
O picote é un tecido denso, quente e practicamente impermeable.Cando a choiva o molla aínda tupe máis, e os mandiles de botar ao lombo-lellos, leras, leñas,…_poden andar á auga un día enteiro sen que os pase.
Tecemos varios panos en diferentes densidades e anchos en función das pezas que se vaian fabricar.