
Cada unha suma tantos anos, coma cadillos dous peites do lenzo: pasan dos noventa. Aínda así atopámolas enriba das esprimideiras do tear, tecendo de pé.
Son dúas pedriñas de acibeche engarzadas naquela aldea da Baixa Limia, de loito completo e pano á cabeza.
Sra. Elisa e Sra.Encarnación comparten o tear, que fora propiedade dunha tía da Sra. Elisa. Veu medrar a quen hoxe tece nel, pero segue cumprindo a súa labor coma se rematara de ser estreado. Se ben o tear é da Sra. Elisa, a que sabe frechar os peites para cada labor é a súa compañeira, á que a vista se lle volveu “unha preguizana”. Seguir lendo “Raianas”