Quen pasou as súas horas no monte coas vacas, a carón do lume no inverno, ás tardiñas ao pé da porta……. labrando tan fermosa peza? Foi agasallo para unha namorada, para unha irmá, unha nai, unha veciña….? O que si é ben seguro é que a penda conta do cariño co que foi feita e nela labráronse mensaxes segredas coa punta da navalla e dun corazón afiado.